Arde a planta baixa dunha casa en Monforte

Foi o propietario da vivenda quen alertou do incendio ao 112 ás 16:00 horas.  O lume declarouse na planta baixa do inmoble, situado na rúa Castelao, á altura do número 19. A central do 112 Galicia recibía, ademais, a chamada dunha particular, na que indicaba que os veciños axudaron a saír por unha xanela da casa a dúas persoas.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no inmoble lindeiro podería producirse unha fuga de gas, polo que, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, pasouse o aviso á empresa subministradora. Polo momento descoñécese se o lume foi a causa do escape.

Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia informou dos feitos aos Bombeiros de Monforte, á Policía Local, a Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com