Arrancan en Barreiros os traballos de mellora do firme na N-634

Esta mañá deron comezo os traballos de rexeneración do firme na N-634, ao seu paso pola travesía de Barreiros. O alcalde da localidade mariñana, Alfonso Fuente, subliña que o tramo estaba moi deteriorado. As obras provocaron retencións de tráfico nese punto durante a xornada.

O rexedor explicou que “desde o Concello queremos informar que hoxe está habendo algunha retención de tráfico na N-634, ao seu paso pola travesía de Barreiros, debido a que se iniciaron uns traballos de rexeneración das distintas fochancas que había na estrada nacional na solicitude que se fixera a Fomento, para que tivese en conta o estado de deterioro que tiña esta estrada”.

O alcalde lembra que “para evitar eses bacheos que se viñan facendo, se lle solicitaba a Fomento que había que rexenerar a zona, levantar, limpar e volver a aglomerar. Eses traballos iniciáronse na mañá de hoxe e producen algunha retención”.

O rexedor engade que “tamén víamos como hoxe mesmo pola mañá, iniciaban os traballos de desbroces na estrada da praia por parte da Deputación Provincial. Esperamos que se realicen nestes días dado que estamos chegando xa a mediados de xullo, e hai que facelos con celeridade para que estean ben, tendo en conta que este ano foi especial de choiva, de crecemento da herba e de ter que facer desbroces”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com