As pistas de atletismo das Pedreiras perden a homologación da Federación Española

As pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, nas instalacións das Pedreiras, perderon a súa homologación pola Real Federación Española desta disciplina deportiva. Así o anunciou esta mañá o vicevoceiro do PP municipal, Enrique Rozas, quen asegurou que segundo a circular 86/2017 da Federación “aprobouse dar de baixa as instalacións de máis de 20 anos de antigüidade nas que non conste que se realizara ningún informe de verificación, tendo un ano para regularizar a súa situación”.

Esto ven dado, segundo explicou Rozas, a que en novembro de 2015 a Federación daba o prazo dun ano para que as instalacións con máis de 20 anos realizaran unha serie de melloras para continuar coa homologación, o goberno local solicitou unha prórroga, pero “o concello de Lugo non realizou nese tempo ningunha obra, co cal comunicáronlle a baixa na homologación o día 7 do mes de abril”, asegurou o vicevoceiro.

Unha das intervencións máis urxentes, en ollos do PP, é o cambio da gaiola de lanzamento, que non só se atopa en mal estado, senón que tamén perdeu a súa homologación, polo que habería que cambiala por completo; outras intervencións urxentes son o repintado das rúas e o arranxo dos fosos e pistas de lanzamento. Pero o PP non se queda aí, critican tamén o pouco coidado do material co que contan ás instalacións, así como dos baños, no que “un está sen servicio e o outro non funciona”.

En vista destas declaracións, o Grupo Municipal do PP, urxe ao goberno local a que interveña de maneira urxente nestas instalacións e piden “inmediatez, que se faga na época estival” pois lembran que dende que se abriron no 1996, as pistas de atletismo non recibiron ningunha intervención importante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com