A asociación Párkinson Lugo conmemora o día mundial desta doenza

A asociación Párkinson Lugo instalou ao longo de toda a mañá unha mesa informativa na Praza maior con motivo do día mundial desta doenza, que afecta a unhas 160.000 persoas en toda España.

Membros da organización, incluída a súa presidenta Rosa Fariñas, encargáronse de explicarlle á cidadanía os detalles do día a día das persoas que sofren esta enfermidade, a segunda das enfermidades neurodexenerativas que máis afectan á poboación despois do alzheimer.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse esta mañá a mesa da asociación. A rexedora reiterou o compromiso do Concello coas persoas máis vulnerables e sinalou que a entidade local “seguirá traballando co tecido social para mellorar a calidade de vida dos seus membros e familias”.

A asociación continuará mañá coas súas accións informativas, en concreto, mañá levarán a cabo unha charla informativa ás seis da tarde no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra na que intervirá a doutora Ardura, neuróloga do Hospital Lucus Augusti.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo