Atopan un home morto no interior da súa casa en Castro de Rei

O corpo sen vida dun home foi localizado esta mañá no interior do seu domicilio, en Castro de Rei. En concreto, a propiedade na que se produciu o achado sitúase en Matodoso, na parroquia de Triabá.

Foi un veciño da vítima o que descubriu o cadáver tendido no chan do baño. Así llo indicou ao 112 Galicia, a través dunha chamada recibida na central de emerxencias ás 11:10 horas desta mañá. Segundo relatou, decidiu acceder á vivenda do falecido ao decatarse de que a porta da entrada levaba varios días aberta.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo