A Conversa con José Manuel Barreiro A Conversa con José Manuel Barreiro

Barreiro critica que o PSOE faga seus os prazos do AVE a Galicia comprometidos polo PP

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, criticou a “hipocrisía” do PSOE con respecto aos prazos para a chegada do AVE a Galicia. “O PSOE pasou de criticar os prazos previstos polo Partido Popular e acusarnos de mentireiros a facelos seus, igual que cos orzamentos, esta é a súa forma de facer política”, dixo.

Barreiro lembrou que o actual Ministro de Fomento, José Ábalos, cambiou de opinión en só un mes. Na súa primeira intervención como titular de Fomento puxo en cuestión os prazos fixados por Rajoy e mesmo falou de facer unha auditoría e agora confirma que dará continuidade ao programado polo Executivo do Partido Popular.

“Isto demostra quen é serio e quen non, demostra quen fai política seria e realista e quen se basea no oportunismo e a hipocrisía”. O portavoz dos populares no Senado destacou que na mesma liña que Ábalos pronunciáronse a alcaldesa de Lugo, o secretario provincial dos socialistas lucenses, Álvaro Santos e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Os tres puxeron en dúbida os prazos fixados polo Partido Popular cando gobernaba Rajoy e agora ratifican eses mesmos prazos cando o que goberna é Pedro Sánchez.

José Manuel Barreiro pediu ao PSOE que actúe con “rigor e seriedade” que non engane aos veciños e que garanta que se van a cumprir “os prazos realistas e obxectivos que deixara previsto o Goberno de Rajoy” para que a conexión de Galicia coa Meseta estea finalizada en 2019 e que Lugo e Madrid estean a menos de catro horas en 2021.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com