Barreiro destaca que Lugo sexa a quinta provincia con maior baixada no paro de España

O voceiro do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, sinalou esta mañá nunha rolda de prensa na capital lucense que “Lugo é a quinta provincia de toda España onde hai un maior nivel de redución de paro”. Lembra que “desde que Rajoy é presidente, en decembro 2011, o paro reduciuse na nosa provincia un 30% aproximadamente”.

Acompañado pola presidenta provincial do PP, Elena Candia, así como de senadores e deputados populares, Barreiro subliñou que “non debemos ser triunfalistas, hai unha tendencia positiva e aínda queda moito traballo por facer”. Así mesmo, o portavoz dos populares na Cámara Alta considerou que estes resultados “non son por encantamento, débense a unhas políticas económicas responsables e acertadas do Goberno de Mariano Rajoy”.

Por iso, asegura que “debemos seguir traballando pola estabilidade”, o que, en palabras de Barreiro, redundará en continuar con estes resultados de creación de emprego. Neste punto, José Manuel Barreiro lembrou que as cifras sobre o número de empregos “son as mellores que se deron no noso país no últimos cinco anos”. Xa que o paro diminuíu ao ritmo interanual do 8%.

E, doutra banda, destaca que o 2017 péchase cun total de 18.460.201 afiliados menos á Seguridade Social. Con estes datos, segundo o portavoz do PP no Senado o obxectivo dos 20 millóns de afiliados no 2019 é real e “garante os niveis de benestar dos españois”. Neste sentido, apuntou que unha das críticas que máis se fan á creación de emprego non están fundamentadas, xa que a contratación indefinida e a tempo completo en 2017 subiu practicamente un 14%, o que supón o dobre do que crece o conxunto do emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com