Bernardo Valdes novo responsable comarcal do BNG na comarca de Lugo-Centro

O BNG celebrou a asemblea comarcal na que se elixiron as persoas que formarán parte do Consello Comarcal e da Executiva do BNG na comarca de Lugo-Centro. Estes son os órganos de dirección do BNG nesta comarca que abarca un total de 37 concellos lucenses.

O novo responsable comarcal afirmou coñecer perfectamente o reto “que supón relanzar o proxecto nacionalista nesta comarca, co denominado Proceso Adiante”, proceso de refundación do BNG que a militancia aprobou e decidiu pór en marcha na última Asemblea Nacional. Nesta lista paritaria formada por homes e mulleres están representadas as diferentes zonas da comarca por representantes con diferentes responsabilidades nas localidades e nas institucións municipais.

O número de membros de escolla directa na Asemblea para formar parte do novo Consello Comarcal é de 25 persoas ás que, posteriormente incorporarase o/a representante designado por Galiza Nova, os/as Responsábeis Locais e a/o responsábel e a/o viceresponsábel da subcomarca de Sarria. As 10 primeiras persoas que conforman á lista da candidatura formarán a Executiva Comarcal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com