O BNG-AA inicia unha campaña para que a veciñanza opine sobre o servizo de bus urbano

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou hoxe, acompañado de militantes e simpatizantes do BNG, a campaña coa que percorrerán diferentes puntos da cidade para recoller propostas e presentar iniciativas relativas ao servizo de transporte urbano de persoas. Rubén Arroxo afirmou que “ante a inacción do goberno municipal saímos á rúa para recoller as propostas das veciñas e veciños por que Lugo precisa liñas eficaces de bus”. O BNG-AA instalou unha carpa coa que percorrerá diversos puntos da cidade nos vindeiros días para achegar á rúa esta campaña “necesaria para que Lugo funcione”.

“Unha das ideas principais desta campaña é recoller as ideas e as propostas das veciñas e veciños de Lugo que son quen verdadeiramente coñecen as necesidades e as deficiencias do sistema de transporte público” informou Arroxo. O BNG-AA aproveitará para achegar as propostas feitas ao longo destes anos para mellorar o sistema de transporte público. Entre as propostas do BNG-AA figura a creación dunha aplicación informática e unha APP para calcular os tempos e percorridos nos buses e facer que os paneis das paradas funcionen, Arroxo explicou que se trataría de “poder coñecer cales son os percorridos, con transbordos incluídos, para chegar do xeito máis rápido a diferentes puntos da cidade”.

O voceiro do BNG-AA afirmou que “hai varias cuestións clave para un bo funcionamento do transporte urbano de pasaxeiros como a gratuidade dos transbordos entre as diferentes liñas ou o bo funcionamento dos paneis informativos”. O BNG-AA propón que existan paradas de bus a menos de 5 minutos a pé na zona urbana e unha maior cobertura para a zona rural. Entre as propostas presentadas por Rubén Arroxo está a de establecer máis conexións co HULA dende os barrios e mellorar a puntualidade dos vehículos.

Rubén Arroxo apostou por mellorar a rede de liñas que comunican os diferentes barrios da cidade e por deseñar unha liña que percorra a cidade no eixo norte-sur, dende Garabolos ata o Campus Universitario, e que teña unha frecuencia de paso de 15 minutos. “Para recuperar usuarios para transorte urbano temos que ter autobuses útiles” dixo Arroxo, que tamén apostou por crear un liña rotatoria que circule polas rúas que conforman a segunda ronda da cidade con unha frecuencia de 30 minutos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com