O BNG-AA propón mellorar o camiño que une Garabolos co CEIP de Albeiros

Ediles do BNG-AA no Concello de Lugo visitaron, acompañados de veciños da zona, o camiño que une as vivendas da Avenida Paulo Fabio Máximo co barrio de Albeiros. “Trátase dun camiño tradicional que a diario utilizan decenas de escolares para acudir aos centros de ensino da zona e o seu acondicionamento é sinxelo”, dixo o voceiro da agrupación, Rubén Arroxo. O BNG-AA propón unha actuación sinxela “pero efectiva” que permita a nenas e nenos transitar nas debidas condicións para acudir aos centros escolares. “Unha simple limpeza do camiño, a eliminación de elementos perigosos e lixo, acompañada dunha mellora no firme sería suficiente para mellorar a calidade de vida das persoas que por alí transitan diariemente” dixo Arroxo.

O voceiro do BNG-AA sinalou que neste camiño hai colchóns e trozos de malla de obra ademais da maleza que invade o paso “trátase dun camiño público e o concello ten capacidade de actuar cos seus medios propios para dar solución a esta demanda veciñal”, asegurou Arroxo. O BNG pedirá, ademais, o arranxo da marquesiña de autobús da avenida Paula Fabio Máximo que se atopa sen banco e cos cristais rotos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo