O BNG aproveita a nevada para lembrar a súa proposta de peonalizar da Mosqueira

Aproveitando a neve caída ao longo da mañá na cidade, o grupo municipal do BNG plasmou unha mensaxe nos xardíns da Mosqueira para lembrar os acordos existentes de peonalización deste tramo. “Existen varios acordos da corporación para peonalizar este tramo da ronda da Muralla, nos orzamentos non se concretou nada e o PSOE non aposta por facelo”, sinalou Arroxo quen lembrou a existencia de tres acordos plenarios para executar a peonalización deste tramo “acordos que o PSOE ignora como outros moitos”.

Para o BNG – Asembleas Abertas a Mosqueira debe ser un dos puntos principais de recepción dos visitantes á cidade “a nova praza debe planificarse como punto de referencia para turistas, peregrinos e visitantes e o seu deseño ten que poñer en valor a Muralla como principal elemento patrimonial de Lugo”. A situación da Mosqueira, preto da estación de autobuses e ferrocarril, supón un emprazamento privilexiado para a organización de rutas turísticas ou a creación de espazos que sirvan para facilitar información turística ás persoas que chegan a Lugo.

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou que a alcaldesa ignore os acordos plenarios e ve “incompresible” que o PSOE busque “escusas baratas” para non cumprir os acordos que eles mesmos apoiaron. Para o BNG esto supón unha “renuncia” en avanzar cara a peonalización da cidade e en liberar o entorno da muralla do tráfico de vehículos a motor. Arroxo lembrou que “a alcaldesa pon como escusa a Intermodal para non peonalizar o tramo da Mosqueira” dixo Arroxo e engadiu “por eso nos parece máis insultante, por que a alcaldesa saber perfectamente que Lugo vai estar sin intermodal durante moitos anos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com