O BNG lanza un boletín para presentar o seu traballo e propostas

O grupo municipal do BNG editou un boletín informativo para distribuír entre toda a veciñanza do concello de Lugo. “Queremos presentar cal é o proxecto de cidade que o BNG ten para Lugo, cales foron as nosas iniciativas e o que queremos para o futuro” dixo Rubén Arroxo. Ademais de dar conta do traballo feito, como grupo da corporación, no concello de Lugo o BNG quere “achegar a todas as persoas que votaron ao BNG e, tamén ás que non, o proxecto de cidade que ten o BNG”. Os nacionalistas aproveitaron unha visita da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a Lugo para presentar este boletín do que se imprimiron preto de 50.000 exemplares.

Na publicación feita polo BNG de Lugo faise especial énfase no modelo de mobilidade que propón o BNG para a cidade de Lugo e na necesidade de abordar un novo xeito de integrar as políticas de mobilidade no deseño do Lugo do presente e do futuro. “Poñemos como exemplo a transformación que o BNG fixo dunha cidade como Pontevedra por que esa é a aposta do BNG, facer as cidades para as persoas” asegurou Arroxo.

O BNG tamén informa, neste boletín que se distribuirá a través do correo, das propostas para a mocidade que pasan, entre outras, pola apertura das pistas deportivas dos centros de ensino, a creación dunha escola municipal de teatro ou a creación de novos locais de ensaio para actividades artísticas. En relación á apertura da cidade cara o río Miño, faise un relatorio cronolóxico sobre as tramitacións para a creación da zona pública de baño que segue sen executarse dende o ano 2009.

Tamén se adica un apartado especial ás demandas dos lucenses e ás propostas do BNG en temas como: O ARRU da Milagrosa, a Tinería, o tráfico en Fontiñas, os servizos para o rural, o medioambiente, as políticas culturais, o ensino e as demandas de oferta educativa. Ademais tamén se fai fincapé na campaña impulsada polo BNG para que Lugo conte cun xulgado específico de violencia de xénero e sobre a campaña relativa a aplicación da Lei de Memoria Histórica no noso termo municipal.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mari Dominguez
    Nov 12, 2017 - 01:41 AM

    Ala xa todos co periódico!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com