Caballero bloquea á Xestora socialista no seu intento de arrancar unhas primarias provinciais

A Xestora do PSdG – PSOE na provincia de Lugo tíñao xa anunciado, hoxe votarían o calendario das eleccións primarias provinciais do partido. Solo fixo falta o bloqueo por parte do secretario xeral autonómico recentemente elexido, Gonzalo Caballero para que esto se paralizase, eso sí, polo momento. Unha decisión, a de Caballero, que apoiou o vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, quen reprochou á Xestora que “despois de momentos de lentitude lle entre a présa”.

Manuel Martínez foi moi crítico coa Xestora do PSdeG e asegurou que foi “unha xestora inútil” e que “comparto a opinión de Caballero, non comparto todo o que fixo a Xestora estos anos, non sei a quen representaba. Deben de falar co Secretario Xeral que o día 28 se refrendará e coordinarse con el para iniciar os procesos provinciales e non facelo, non sabemos con que tipo de manobra máis, é saltarse ao secretario Xeral”.

Aínda que Lara Méndez asegurou a principios desta semana que “non hai aínda listas na provincia”, cando se lle pregunta a Manuel Martínez, este asegura, sen mollarse, que “dalgún candidato xa se fala”. Martínez fai referencia con estas verbas ao voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, quen é unha clara aposta do Presidente provincial. “Darío deixou claro que sempre apostaba por Álvaro Santos, eu espero que se presente máis xente, que haxa máis candidaturas que eso sempre enriquece, beneficia e motiva máis os militantes; a miña opinión persoal está en stand by, aínda non sei que votarei; cando se presenten os candidatos Manolo Martínez xa falará”, asegurou o vicepresidente do ente provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com