Campos Conde clausura as xornadas de EXPOMAR coas que colabora a Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Burela e Presidente de EXPOMAR, Alfredo Llano,   a Concelleira e membro de Expomar, Patricia Otero, e o patrón maior das confrarías, Basilio Otero, clausuraron este venres a XXV Edición das Xornadas Técnicas de Expomar, que promociona o Executivo Provincial cunha achega de 5.000 euros. Esta cita xa se converteu nun referente nacional e internacional na promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro.

Campos Conde remarcou que “esta xornada é fundamental para o sector, xa que por un lado cumpre coa súa permanente defensa e promoción do sector pesqueiro, e, por outro, converte á Mariña Lucense, concretamente a Burela, na capital da pesca a nivel nacional e internacional”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo