Carballo e Ameijide: “o PP abriu unha etapa de contacto coa sociedade lucense”

O presidente da Xunta Directiva Local e o voceiro do PP no Concello de Lugo, Ramón Carballo e Antonio Ameijide, respectivamente, subliñaron esta tarde que, ao longo destes seis meses, “o Partido abriu unha etapa de permanente contacto coa sociedade lucense”.

Os populares fixeron así balance do traballo levado a cabo dende que asumiron a dirección da agrupación de Lugo e a portavocía do grupo municipal no transcurso da reunión da Xunta Directiva Local, na que tamén participaron os afiliados lucenses. “A estratexia que se deseñou se fixo, de forma coordinada, co Grupo Popular, xa que “son a voz que temos no Concello para trasladar as peticións dos lucenses en xeral, e dos nosos afiliados tamén”, destacou o presidente.

A este respecto, explicou que “os nosos concelleiros iniciaron un cronograma de visitas e reunións sectoriais que contrasta coa parálise do goberno local do PSOE”. “Estamos diante dunha alcaldesa debilitada que cada vez ten menos apoios e que goberna a golpe de bandazos”. Pola contra, apuntou, “nós somos un Partido cun proxecto único de cidade, que actuamos de forma organizada para alcanzar un obxectivo que é o gobernar en Lugo”.

Paralelamente dende o Partido Popular, a nivel local, Carballo apuntou que se están a celebrar reunións periódicas para reorganizar e fortalecer a estructura dos cinco distritos e máis do rural a través das diferentes seccións.  “Fixemos 12 xuntanzas cos distritos e 4comités de dirección”, matizando que “o que queremos é que a maquinaria do Partido funcione, de dez, para as vindeiras eleccións municipais”.

En canto as accións de comunicación editouse o primeiro número do Xornal Imaxina Lugo cunha tirada de 5.000 unidades con información sobre propostas para mellorar Lugo, con datos de investimentos da Xunta e con novas que “delatan a parálise e problemas de xestión do goberno socialista”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com