Carmen Basadre presenta en Madrid as festas do Arde Lucus

A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, acompañada polo Director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e o Presidente do Consello do Estado, José Manuel Romay, presentou hoxe na Casa de Galicia de Madrid o programa oficial do Arde Lvcvs MMXVI.

O obxectivo desta acción é o de convindar aos madrileños a achegarse a Lugo do 16 ao 19 de xuño e revivir a historia da cidade. O Arde Lucus conta cunha programación que engloba 400 actividades diferentes dirixidas a todos os públicos, entre as organizadas polo Concello e as asociacións, das que medio cento son totalmente novidosas.

“O Arde Lvcvs é unha festa dinámica, viva e en constante renovación”, subliñou a edil ao tempo que anunciou algunha destas novas actividades, como a apertura de portas, a comida de confraternidade romana ou o musical Hércules, que se suman a actividades de gran éxito destes festexos, como o Circo Romano, teatro pola rúa ou o desfile pola Ronda da Muralla.

“O ano pasado o Arde Lvcvs deixou 6 millóns de euros na cidade en 3 días e ata un 98% de ocupación hoteleira, achegándose a Lugo unhas 600.000 persoas, oportunidade que non podemos deixar escapar para promover a nosa cidade aproveitando estes festexos de recreación histórica, declarados de Interese Turístico Galego”, destacou Basadre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo