Carmen Basadre responde ás críticas das redes sociais sobre o cartaz que anuncia o entroido

Unha nova polémica rodea á area de cultura do Concello de Lugo, esta vez trátase do cartaz que anuncia o entroido lucense, que levantou unha ola de críticas dos veciños da cidade, nas redes sociais. O que recorda á polémica que xerou o cartaz do pasado San Froilán, tamén na mesma liña. No cartaz do entroido pódense ver unhas cantas persoas disfrazadas sobre un fondo de arcoiris e unha tipografía bastante rudimentaria.

Aínda que moitos critican únicamente a estética do cartel e a cualifican como “espantosa”, outros denuncian que o creador do cartaz puxera a unha muller vestida co traxe tradicional galego ao lado dos disfraces, e critican que o Concello de Lugo permita que se compare o traxe rexional cos disfraces do entroido.

Ante estas críticas, respondeu a concelleira de cultura, Carmen Basadre, asegurando que este cartel “non se atenta contra a nosa cultura, o que tratamos de fomentar a independencia, liberdade e creatividade das persoas e tamén a reciclaxe”, e fixo un chamamento hacia esas persoas que criticaron, a ter unha mentalidade “máis aberta e democrática” e a “deixar que a xente se exprese libremente sempre e cando non atente contra os valores humanos, contra os dereitos humanos e contra os valores que temos como persoas”.

Ademáis, a edil quixo agradecer a Jose Blázquez, o creador deste cartaz, polo seu traballo e animouno a seguir presentando o seu traballo ao Concello de Lugo.

Nesta liña, Basadre anunciou hoxe que remata o prazo para presentarse ao desfile e concurso de disfraces deste ano que, como sempre, terá lugar dende a  praza da Soidade ata a Praza Maior e que, como novidade, concederá 7.800 euros en premios.

As inscricións para os concursos de disfraces deberán facerse na propia Concellería de Cultura, situada na Casa do Concello, antes das 14:30 horas deste venres, no caso do certame infantil, e antes das 14:30 horas do luns, 27 de febreiro, para o dos adultos.

Ambos concursos comezarán a partir das cinco da tarde na praza da Soidade co desfile  que percorrerá as rúas céntricas da cidade ata chegar á praza Maior, diante da casa consistorial. En caso de choiva trasladarase o desfile e o concurso á carpa instalada detrás da Casa do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo