O CD Lugo enfróntase ao Nàstic este sábado sen adestrador

Francisco Rodríguez, adestrador do CD Lugo, compareceu esta mañá nunha rolda de prensa previa ao choque que medirá mañá no Anxo Carro ao seu equipo co Nàstic deTarragona. O técnico albivermello restoulle imporancia á posibilidade que ten o seu equipo de acadar o liderado, priorizando a consecución dos tres puntos. “Se gañamos mañá, volveremos estar no liderado. Pero ese é o noso obxectivo, gañar mañá. Non por estar no liderado, senón por sumar 23 puntos na xornada 12, que é algo realmente bo para un equipo como o Lugo”, así falaba o míster quen asegurou que o Nàstic é un rival incómodo e difícil e que “vai poñer todo pola súa banda para que non o consigamos”. O adestrador desexou tamén que se poda mañá celebrar a vitoria pero sabe que terá que ser moi traballada.

Un duelo ao que, segundo confesou Francisco, os seus pupilos chegan cun extra de motivación tras o empate o domingo pasado en Valladolid: “O equipo é intelixente e sabía que era un partido complicado, ante un rival que na súa casa sumara moitísimos goles. É verdade que nos poñemos cero a dous e quizais o partido, nese senso, podémolo perder nós; por precipitarnos e non seguir traballando o que tiñamos previsto. O equipo é intelixente, traballou
outra vez fantástico e hai moitas ganas de xogar mañá e devolver á nosa xente outra vitoria máis, que a xente se vaia outra vez contenta á súa casa cando se vaia do Anxo Carro”.

O técnico almeriense non poderá sentar no banco debido aos dous partidos de sanción que lle impuxo o Comité de Competición, pero amosouse confiado do bo facer dos seus xogadores na súa ausencia, aínda que non negou que lle gustaría transmitir dende o banquillo.”Eu sempre digo que, a partir do traballo desta mañá, os xogadores xa saben o que teñen que facer e, aínda que non esteamos sentados no banco, eles teñen que decidir e tomar responsabilidades
dentro do partido”. Moita responsabilidade para os xogadores, pero en especial para Bernardo, no que confía o míster quen tamén pide que lle quiten a tarxeta a Luís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo