Cidadáns (Cs) agradece a invitación para participar como observadores no plebiscito venezolano celebrado hoxe

Cidadáns (Cs) agradece á federación de venezolanos en Galicia a invitación cursada ao noso partido, para participar como observadores no proceso plebiscitario celebrado no día de hoxe.

 Desde Cidadáns (Cs) queremos destacar a ampla participación, a normalidade, a transparencia e a ilusión coa que todos os participantes achegáronse durante a xornada aos diferentes puntos de votación nos que os venezolanos residentes en Galicia puideron expresar a súa opinión sobre a decisión do presidente de Venezuela de reformar a Constitución e perpetuarse no cargo.

“En Cidadáns (Cs) esperamos que este acto de democracia sexa un paso máis cara adiante que permita resolver os grandes problemas que existen nestes momentos en Venezuela” declarou o portavoz do partido laranxa Javier Sanchez Agustino.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com