Cidadáns propón a Lara Méndez un plan de inversións de 10 millóns para 2018

O grupo municipal de Cidadáns, Cs  Lugo, propuxo esta mañá á alcaldesa incluír un plan de investimentos “ambicioso” nos orzamentos municipais de 2018 para facer fronte ao mal estado no que se atopan tanto a cidade como a zona rural do municipio. O montante total deste plan sería de 10 millóns de euros, o dobre que o investido este ano polo Goberno local.

A portavoz de Cidadáns no Concello, Olga Louzao, convida a Lara Méndez, “que goberna en minoría e por tanto necesita o apoio da oposición para aprobar os orzamentos”, a ter en conta esta proposta, xa que “non se pode meter o diñeiro no banco, como acaba de facer o Goberno municipal, cando hai tantas necesidades sen atender”. Cidadáns Cslembra que “o último orzamento aprobado pola alcaldesa foi o de 2016 e achaca a este feito que a cidade estea “paralizada”.

Por todo iso, Olga Louzao propón destinar á mellora de rúas e mantemento e desbroce de pistas rurais 5 millóns de euros, unha cifra similar á amortización de débeda realizada este ano polo Concello. Asimesmo, propón incluir no orzamento 2 millóns de euros para instalacións deportivas, destinados a renovar os campos de fútbol de herba artificial, subsanar as deficiencias nos pabillóns e  pistas polideportivas e cubrir e climatizar a piscina exterior de Frigsa.

Ademáis, Louzao quere reservar unha partida de 1 millón de euros para resolver os problemas de verteduras no Carme e outro millón para parques infantís, que iría destinada á mellora e mantemento xeral dos existentes, a posible cuberta dalgún deles para facilitar o seu uso no inverno e a creación dun novo espazo infantil deportivo e de lecer na parte traseira do Cuartel de San Fernando, que Cidadáns Cs quere que se transforme nun colexio público.

Finalmente, o grupo municipal de Cidadáns propón duplicar a partida actual para acesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas, así como para o mantemento e acondicionamento dos colexios públicos da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com