Ciudadanos pídelle ao Goberno que explique “en que consiste” o Plan de Emprego

O grupo municipal de Ciudadanos no Concello de Lugo pídelle ao Goberno local que explique “en que consiste” o Plan de Emprego municipal, para disipar as acusacións efectuadas polo PP de Lugo que onte acusaba ao Executivo local de dar”información privilexiada” a afíns do PSOE e dos seus socios de Goberno para superar a primeira criba de acceso aos postos de dito plan.

Ciudadanos cre que a forma “máis efectiva” que ten o Goberno de disipar dúbidas “é facer público cal é ese plan de emprego, en que consiste, en que se van gastar os cartos e como se vai xestionar”.

“É posible que as filtracións a persoas e empresas denunciadas polo PP e as sospeitas de que este plan de emprego poida converterse nun novo chiringuito con barra libre para persoas afíns a uns ou outros carezan de fundamento, e sexa unha simple sombra de campaña planeando sobre a política municipal. Tamén é certo que dada a historia deste concello non pode sorprender que vista a sombra, un busque a nube”, salienta a voceira da formación Olga Louzao.

“É lóxico supoñer que este plan xa foi estudado, deseñado e está listo para arrincar. O que levamos tempo esperando con impaciencia, xa que non se fixo no seu debido momento; é dicir, durante a negociación dos presupostos, é que se explique claramente en que consiste”, mantén Louzao.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com