Ciudadanos propón crear un rexistro de licitadores para empresas que queiran optar ás contratacións

A voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, pediu esta mañá ao Goberno municipal que poña en marcha un “rexistro público e voluntario de licitadores para que as empresas e autónomos de Lugo poidan optar ás contratacións que fai o Concello en igualdade de oportunidades”.

Olga Louzao explicou que esta iniciativa de Ciudadanos, que foi aprobada por unanimidade no pleno de febreiro do ano pasado, incluía a creación dunha base de datos de empresas e autónomos para a celebración de contratos menores e procedementos negociados sen publicidade “para que todas aquelas empresas que poidan estar interesadas teñan coñecemento destes procedementos e se poidan presentar”.

A proposta de Ciudadanos, que foi abordada na Comisión de Seguemento de Asuntos Plenarios, a última celebrada hai unha semana, está, un ano despois, pendente de executar por parte do Goberno municipal, que sen embargo informou que ten previsto a súa posta en marcha “nos primeiros meses de 2017”.

Segundo o informe presentado na Comisión, “a creación dun rexistro voluntario de licitadores, ao non dispoñer o Servizo de Informática de medios propios suficientes para este cometido, pasa obrigatoriamente, como noutros casos similares de subministración de programas informáticos de xestión administrativa, pola contratación externa dunha aplicación que dea soporte a estes contidos”.

Segundo explicou o Goberno de Lara Méndez, tres empresas (WoltersKluver, Pixelware e Vortal) presentaron os seus produtos a este respecto nunha xuntanza celebrada cos Servizos de Contratación e Informática e están pendentes de aprobación os pregos técnicos que permitan a contratación desta aplicación informática para poñer en marcha o rexistro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com