Coa Mostra de Luis Davila “O Bichero” a Deputación celebra o Día Internacional dos Museos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao viñetista, Luis DavilaO Bichero”, e á Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron este xoves no Museo Provincial de Lugo, a mostra Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo na sala de exposicións temporais do museo.

Campos Conde subliñou que “temos o privilexio de contar con esta mostra do prestixioso ilustrador e humorista, Luis Davila “O Bichero”, que nos amosa, a sociedade actual dende o seu característico punto de vista e retranca. Quero aproveitar que hoxe celebramos o Día Internacional dos Museos, para agradecer o labor que os traballadores da Rede Museística da Deputación, realizan durante todo o ano, para que as nosas salas expositivas e os nosos proxectos sexan únicos e recoñecidos.”

Luis Davila

Luis Davila Malvido naceu en 1972, no Concello de Bueu en Pontevedra. Cursou estudos de Deseño Gráfico e Ilustración na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso, da Coruña e traballou en diferentes axencias de publicidade así como en xornais.

Programación

Museo Fortaleza San Paio de Narla

O 20 de maio terá lugar a actividade Noite dos Museos, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que os rapaces realizarán actividades e pasarán a noite no museo.

O 27 de maio ás 12:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.

Museo Provincial do Mar

O 19 de maio ás 18:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.

Museo Pazo de Tor

O 19 de maio ás 11:30 horas, obradoiro nós+outrxs en rede, con Violeta Bernardo, dirixido aos integrantes de Ágora-Monforte.

O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro A horta de Tor, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que plantarán produtos autóctonos, como tomates, pementos, ou patacas, entre outros.

O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro de Xogos tradicionais, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que practicarán distintos xogos.

O 25 de maio ás 16:30 horas, obradoiro de Álbum de Memoria, no que participarán os usuarios do xeriatrico do Concello de Monforte de Lemos, no que realizarán distintas actividades enfocadas en traballar a memoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo