O Concello activa un dispositivo de seguridade ante as nevaradas

O Concello de Lugo víuse na obriga esta mañá de activar un dispositivo especial para garantir a seguridade tanto de vehículos como de peóns, ao comezar unha gran nevarada que se mantivo na cidade durante preto dunha hora e media e levou á creación de acumulacións de neve e xeo en varias rúas da cidade. O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou desta decisión do goberno local e chamou á responsabilidade e precaución á hora de saír ás rúas tanto cos vehículos como a pé.

Deste xeito, todos os servizos municipais están en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir. Ademais, o Concello dispón dunha cantidade suficiente de sal para esparexer onde sexa necesario. As reservas de sal son dunhas 6 toneladas.

O dispositivo do servizo municipal de limpeza viaria está composto dunha cuchilla quitaneve para calzadas, esparcidor de sal, dúas barredoras equipadas con cuchillas quitaneves para beirarrúas e calzadas, e catro brigadas de operarios con esparcidores manuais de sal. Este equipo, ademais das súas propias funcións, presta apoio a Protección Civil e a Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo