O Concello asina o aluguer dos 9 locais que o IGVS ten na Tinería

O Concello de Lugo e a Consellería de Vivenda asinaron esta mañá os contratos de aluguer dos nove locais que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ten na Tinería e nos que o Concello instalará un viveiro de empresas. Lara Méndez destacou a importancia deste convenio para a dinamización do barrio da Tinería e para revalorizar o “investimento público na dinamización económica e social” para que avance a baixada do número de parados.

Pola súa banda, a Conselleira de Infraestruuras e Vivenda, Ethel Vázquez, lembrou o investimento que o ente galego leva feito neste barrio “emblemático”, no que, a finais deste ano, sumarán un total de 107 vivendas rehabilitadas e 25 millóns de euros investidos.

O acordo é froito da proposta do Goberno Local de crear nos locais comerciais da Tinería un viveiro de empresas a pé de rúa, xestionado polo CEI-NODUS, unhas instalacións municipais avaladas por 13 anos de traxectoria, polas que pasaron un cento de empresas, cunha supervivencia do 80%.

Deste xeito, o CEI-NODUS, a través da súa política pública, encargarase de buscar a trazabilidade dos proxectos empresariais, non só participando na súa xestación, senón tamén na súa materialización. Polo tanto, os inmobles rehabilitados con fondos públicos quedan en mans públicas con garantía de continuidade e revalorízase o investimento público.

De feito, dende este centro estanse preparando unhas bases de participación nos alugueiros destes locias comerciais, para o que existe un prazo de dous meses, e outros dous para a apertura de prazos da convocatoira pública e adxudicación dos
locais.

Os 9 locais de negocios están ubicados no Recanto do Miño (2), na rúa Miño (2), na rúa Tinería (3) e na Praciña da Universidade (2). O alugueiro é por 5 anos, coa posibilidade de prórrogas anuais. A superficie vai dende os 19m² aos 106 m²,cunha renda mensual dende os 50 euros ao mes, en función da superficie.

Tras a sinatura dos convenios, a Alcaldesa mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Veciños, Comerciantes e Empresarios da Tinería, que preside Sonia García, co obxecto de darlles conta tanto da sinatura destes convenios como os seguintes pasos a dar, que pasan, en primeiro lugar, pola elaboración das bases de participación nos alugueiros destes locias comerciais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo