O Concello completará a rede de abastecemento aos 230 veciños de Orbazai

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, avanzaron este venres que o Concello completará a dotación da rede municipal de abastecemento de auga aos preto de 230 veciños e veciñas da parroquia de Orbazai, unha das máis poboadas de todo o municipio, coa acometida prevista para Penarrubia.

Este é o único núcleo de Orbazai que resta por contar con este servizo, unha  vez que a entidade local está a piques de rematar as obras para o subministro en A Malladoira, Taboelle e O Cabalo. De feito, a rexedora e o edil de Medio Rural anunciaron o novo proxecto para Penarrubia, que xa ten consignación orzamentaria por importe de 105.000€, antes da visita que realizarán esta tarde ás obras da Malladoira, Taboelle e O Cabalo, que cun orzamento de 87.000€, rematarán antes de finalizar o ano.

Ao mesmo tempo, Lara Méndez e Miguel Fernández, tamén avanzaron que están en proceso de adxudicación os traballos para o subministro de auga ao núcleo de Vilar, pertencente á parroquia de Adai, limítrofe coa de Orbazai, cun orzamento de 51.700 euros.

O Goberno acometerá ademais nos vindeiros meses a dotación e mellora da rede de abastecemento nos núcleos de Conturiz (43.000€); Santa María de Muxa (12.200€); e Bocamaos (154.200€). Deste xeito, o Concello de Lugo ten en marcha ou en previsión investimentos por 350.000€ na dotación de abastecemento ao rural.

“Este compromiso real e efectivo volvémolo a plasmar en cifras nos Orzamentos do 2018, nos que destinamos 1,3M€ a investimentos no rural, 300.000 deles correspondentes a saneamento, cumprindo así coa palabra dada aos veciños de aportar anualmente un 30% que deberá completar a Xunta cun 70%, e así dispoñer de 1M€ cada ano para ir avanzando progresivamente na dotación deste servizo básico e fundamental”, asegurou a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com