O Concello de Lugo asume con máis de 800.000 euros o servizo de comedores escolares

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitaron este martes aos cativos e cativas que fan uso do servizo municipal de comedor escolar no colexio Anexa. A esta visita tamén asisiu a presidenta de FAPACEL, Belén Díaz, e a directora deste centro, Lucía Núñez,
así como dous representantes de Alimentación Saludable Gallega, S.L., empresa concesionaria deste servizo.

Durante a visita, Lara Méndez manifestou o esforzo do Concello para prestar e financiar este servizo educativo de caracter complementario, a pesar de non ter competencias en materia de educacion. A inversión anual da entidade local neste servizo, que está enmarcado nun convenio de colaboración coa Consellería de Educación, é duns 817.000 euros, e a da entidade autonómica, institución con competencias en materia educativa, 89.000 euros en 3 anualidades. Concretamente o Concello encárgase da elaboración das comidas, a súa distribución ata as mesas, o reparto entre os cativos e cativas e a vixilancia no comedor, entre outros.

Este convenio de colaboración inclúe nove comedores escolares: Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Rosalía de Castro, Sagrado Corazón e Paradai. “A conciliación real pasa por iniciativas deste tipo”, asegurou a rexedora, quen fixo fincapé na prioiridade do Goberno, investir nas persoas, neste caso en 500 nenos e nenas e as súas familias.

Esta visita supón a primeira toma de contacto tanto como para supervisar in situ o servizo municipal de comedor escolar como para comprobar que se cumpren as prescricións establecidas no prego de condicións e o inicio de actividades lúdico deportivas que van emparelladas a este servizo no período do comedor, como as que versan sobre a hixiene bucodental.

Ademais, esta visita serve para iniciar a posta en marcha da comisión tripartita establecida no prego, que ten como finalidade realizar o seguimento e control da calidade do servizo municipal de comedor escolar. Esta comisión tripartita estará formada por dous representantes das ANPAS, un da empresa adxudicataria e dous do Concello. Dita comisión reunirarse unha vez cada trimestre, máis as veces necesarias a petición dos membros.

Constituirase na maior brevidade posible iniciándose nos vindeiros días os primeiros trámites, o nomeamento de cada ANPA de cada centro con comedor escolar, que tras a súa designación terá que poñelo en coñecemento do Concello. Dita comisión supervisará as veces que consideren oportuno o desenvolvemento do servizo entre as 14:10 horas aproximadamente, unha vez que os nenos e nenas estean dentro do comedor, e ata as 15:30 horas, dende a hora que se pode iniciar a limpeza, para non entorpecer a prestación do servizo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com