O Concello de Viveiro recibe a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’

A Sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro albergará hoxe ás 20:30 horas o acto de inauguración da exposición Nós tamén fomos emigrantes. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Viveiro, ABANCAAfundación e ao acto, que inclúe unha visita guiada, asistirán a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o director territorial da provincia de Lugo de ABANCA, Walter Álvarez; e a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A mostra poderase visitar ata o 30 de setembro de luns a
venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

Nós tamén fomos emigrantes recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo do proxecto é tratar de achegar ao espectador a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de “millóns de españois que tiveron  que abandonar a súa terra para sobrevivir”, en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Esta colaboración é parte do proxecto ‘Corrente cultural’, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo