Concello, Xunta e Federación de Comercio colaboran con Lugo Centrum na campaña ‘Divírtete comprando no centro’

A Federación de Comercio, xunto co Centro Comercial Aberto Lugo Centrum, presentaron esta mañá a súa nova campaña Divírtete mercando no centro de Lugo, unha campaña para promover o comercio lucense que contará con diversas actuacións destinadas a todos os públicos que terán lugar as tardes dos venres e as mañás dos sábados dende mañá ata setembro, facendo un parón durante os meses estivais de xullo e agosto.

Este programa que presentou o presidente de Lugo Centrum, José Luis Pérez, comprenderá unha mistura de ocio e diversión para os máis pequenos que ademáis de dinamizar o centro, fomentará o consumo con regalos, márketing, e animación de rúa.

Esta campaña desenrolarase en todas as zonas do Centro Comercial Aberto e terá un broche de ouro o 30 de setembro cunha gran festa no fondo da praza MaiorJosé Luis Pérez cualificou esta campaña como “ambiciosa”, pero asegurou que “a aposta pola campaña de continuidade, fará que a xente merque e se divirta”.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, tamén participou na presentación da campaña Divírtete mercando no centro de Lugo.  O delegado gabou “o esforzo e saber facer do comercio de proximidade” da cidade e aplaudiu en concreto este proxecto por canto pretende incentivar o consumo e, con elo, “xerar oportunidades de negocio, de emprendemento e tamén afianzar ou crear novas oportunidades de emprego”.

A Xunta de Galicia colabora con Lugo Centrum, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para reforzar o asociacionismo dos comerciantes e constituír un comercio de proximidade forte e competitivo.

Tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estivo presente neste acto, no que asegurou que o Concello apoia esta campaña xa que os datos, dixo, “reflicten que é un traballo importante pois o 80% das empresas da cidade pertencen o sector servizos que xera un gran número de postos de traballo”.

Asemade, Méndez puxo en valor o gran movemento asociativo da cidade que favorece a presentación deste tipo de iniciativas “ante momentos difíciles como a crise económica da que ainda non está Lugo recuperado de todo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo