Conde ratifica o compromiso da Xunta co sector do comercio

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe en Lugo que a Xunta mantén o seu compromiso co sector do comercio para consolidar a súa recuperación e impulsar a súa actividade, durante o encontro que mantivo con representantes do sector na provincia de Lugo para dar a coñecer, en detalle, as novas axudas á expansión comercial e dixital.

O programa, destinado a pemes que veñan desenvolvendo a súa actividade comercial en Galicia durante os últimos dous anos, conta con tres modalidades diferentes. Os proxectos de expansión comercial contarán con axudas de ata 30.000 euros para a apertura de novos establecementos. A actuación poderá basearse no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial que xa estaba en marcha, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou en novas tendencias de consumo, e deberá incluír un compromiso de contratación de polo menos un traballador. Estas iniciativas deberán, así mesmo, responder a unha idea comercial innovadora.

Por outra parte, concederanse axudas de ata 3.500 euros para proxectos piloto “pop up, consistentes na apertura por un prazo máximo de dous meses dun novo establecemento nun concello distinto ao que o comerciante veña desenvolvendo a súa actividade para testar un mercado ou un proxecto comercial innovador.

Ademais, os comerciantes poderán acceder a apoios de ata 1.080 euros para a súa expansión dixital, co obxectivo de acceder a asesoramento profesional e especializado para a implantación e titorización dun plan de comunicación dixital personalizado e axeitado ao target do comerciante, definindo unha estratexia comercial dixital de expansión.

Francisco Conde animou aos comerciantes a participar nesta convocatoria e informou de que o prazo para os interesados estará aberto ata o vindeiro 11 de setembro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com