Contacontos e musicais para fomentar a lectura

O Concello continúa apostando por fomentar a lectura e o amor polos libros a través de contacontos e de espectáculos musicais. Deste xeito, a entidade local poralle cara a este inverno cunhas xornadas de animación á lectura para os máis novos da casa, durante os meses de febreiro e marzo, na Biblioteca Municipal e no Museo Interactivo da Histoira de Lugo (MIHL).

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación. As distintas sesións están destinadas a un público de 0 a 6 anos.

Entre as actividades destacan contacontos e espectáculos musicais. As entradas son de balde, pero dado que a capacidade é limitada é necesario retirar as invitacións a partir das 10:30 horas do luns da semana da actuación
correspondente. Todas as sesións comezarán ás 18:30 horas.

Asemade, o Concello de Lugo ten preparado, para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, a proxección do documental A palabra xusta, o vindeiro día 21 de febeiro, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere. Para celebralo, esta proxección emitiriase conxuntamente o mesmo en distintos lugares galegos, como Culleredo, Oleiros,
Pontecedso, Pontedeume, Melide e A Estrada.

Trátase dun documental dirixido por Miguel Piñeiro, que conta a histoira de Antía Cal, unha mestra comprometida que fundou en Vigo o colexio Rosalía de Castro en 1961, e que a día de hoxe ten 92 anos. O documental ten música de Nani García e as voces de Javier Gutiérrez e Rebeca Montero.

A palabra xusta é un xogo inventado por Antía Cal para o seu alumnado, no que ao rematar a clase, cada neno e nena tiña que escribir nun pequeno papel e da forma máis sintética posible o que aprendeu na clase do día. Co paso do tempo o xogo converteuse nunha das máis singulares experiencias pedagóxicas da contorna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo