Contacontos protagonizados por María Victoria Moreno na Sede Afundación

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou unha sesión de contacontos dedicado á homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno. A través de poemas musicados, teatro, contos e bailes, os nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e as súas familias poderán coñecer quen foi María Victoria Moreno e as súas obras máis representativas dun xeito lúdico. O grupo «Os Piñeiriños» será o encargado de dar vida a estas historias mañá sábado 12 de maio, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Lugo (praza Maior, 16). As entradas para participar están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com