Críticas porque as obras nos campos de fútbol no se fixeran no verán

O Grupo Municipal de Cidadáns trasladou esta mañá “as denuncias dos diferentes clubs deportivos da cidade, que se quedaron sen os seus campos de fútbol en plena preparación da tempada”.

A portavoz de Cidadáns no concello de Lugo ve “inaceptable o comezo das obras do cambio de céspede da Cheda e Frigsa en plena pre-tempada” e así o manifestou. “O Goberno Municipal sacou os contratos a comezos do mes de agosto, polo que as obras, que teñen un prazo de execución dun mes e medio, non finalizarán ata os últimos días de setembro, o que xerará unha situación moi precaria pola falta de espazos deportivos”, explicou a portavoz de Cidadáns, Olga Louzao. Por este motivo, “a liga de veteranos, o futbol base ou o Lugo B, terán  que xogar ou no Polvorín ou nas Gandaras mentres duren as obras nestes, o que fará que se colpasen esteas infraestructuras deportivas”. Rematou a concelleira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo