Daniel Piñeiro nega competencias nos vertidos fecais da Garaballa

O edil de de Desenvolvemento Sostible  e Persoal, Daniel Piñeiro, compareceu este mediodía no Xulgado de Instrucción Número 2 de Lugo, para declarar como investigado nunha causa en relación ás verteduras de augas residuais no rio Rato á altura da Garaballa.

O concelleiro negou ante os medios que tivera competencias no tanque de tormentas co que se relacionan os verquidos denunciado polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona). Piñeiro foi chamado a declarar como investigado por un presunto delito leve contra os recursos naturais.

Antes de entrar no xulgado o edil afirmou que é o “responsable da protección do medio ambiente no Concello” pero que non ten “competencias no tanque de tormentas”. Unhas declaracións ás que engadiu que pese a que o tanque estaba sen “mantemento”, “dende a miña área, tomamos todas as precaucións que nos indicaron os técnicos respecto diso, dos malos cheiros e facíanse desatascos periódicos”.

“É o que se podía facer, segundo os técnicos, ata que noutras áreas conseguisen contratar o mantemento dese tanque. Iso son temas que non levaba”, reiteraba o edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com