Darío Campos dá conta en Vilalba das melloras dos servizos publicos promovidas pola Deputación no último ano

1,7 millón de euros é o investimento que a Deputación realizou no último ano na mellora dos servizos públicos en Vilalba. Así o informou o Presidente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, durante unha visita ao municipio, na que estivo acompañado polo Alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde Díaz. Campos Conde explicou que con este investimento acondicionáronse múltiples vías en núcleos rurais, dotouse de novo alumeado público ao Campo da Feira, prestóuselle atención profesional a ducias de maiores e xeráronse máis dunha decena de novos empregos.

O Executivo Provincial achegou 567.000 euros durante un ano, para mellorar varios camiños do Concello de Vilalba. Concretamente, foron os accesos de Camiño do Sixto ao campo de fútbol de Guadalupe, de Ventorro á igrexa da Parroquia de Sancovade, da Parroquia de Goiriz a Samarugo e a Román, e da Parroquia de Rioaveso a Oleiros, beneficiando directamente aos máis de 2.000 veciños que viven nestes núcleos urbanos.

Campos Conde e Baamonde Díaz supervisaron os traballos levados a cabo polo Goberno Provincial no vial que vai de Ponte Trimaz a Gondaisque, de Cruz a Ponte de Pazos, nas rúas da Revolta, Mestras Amelia, Sagrario, Corbite, Mondoñedo e Ponte Cabalos. As obras benefician a unha gran parte da poboación vilalbesa, xa que son estradas moi transitadas, pois están próximas ao ambulatorio e as zonas de influencia do campo de feira.

Aposta polo turismo

Noutra banda, continúa a aposta do ente provincial polo turismo, así a deputada de Economía, Mayra García Bermudez, xunto coa alcaldesa de Lourenzá, Rocio López García, o concelleiro de Cultura da localidade, Manuel Arango Ron e o autor do cartel da festa da Faba de Lourenzá, Ignacio Castro “Nachok”, presentaron este mediodía no Salón de Plenos da vila a XXVII Edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría e que conta con Indicación Xeográfica ProtexidaA cita terá lugar do 29 de setembro ao 1 de outubro.

E o deporte, é outro dos atractivos turísticos da provincia e un dos eixos do goberno da Deputación, así o destacou esta mañá a deputada provincial pola comarca de Sarria, Sonsoles López Izquierdo, quen, xunto á Alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal, e o Presidente do Club RunningSarria, Ricardo Arias Alvaredo, presentaron no Pazo de San Marcos a VI Edición do Terremoto Trail, que se celebrará o domingo 24 de setembro con saída ás 8 da mañá, na primeira das catro probas, de diante do concello de Triacastela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com