O director de Augas de Galicia, Roberto Rodr’guez Mart’nez, presidir‡ a reuni—n da Oficina TŽcnica da Seca para analizar a situaci—n da conca Galicia-Costa. Na sala de reuni—ns do edificio administrativo da Conseller’a.

Decretada alerta por seca na conca do Miño-Sil

Oficina Técnica da Seca (OTS) reuniuse esta mañá para avaliar os danos que sufriron as concas fluviais debidos ás escasas precipitacións rexistradas neste ano hidrolóxico que acabou a pasada semana. A conclusión da OTS foi propoñer que se decrete a situación de alerta por seca en seis dos 19 sistemas da bacía hidrográfica Galicia- Costa, entre eles a conca Miño-Sil. Así o explicou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, tras a reunión da OTS, celebrada hoxe en Ourense e na que se propuxo pasar da situación de prealerta(decretada o 12 de xaneiro) á activación da fase de Alerta, segundo o protocolo de actuación acordado no Plan de Seca para a Demarcación Galicia Costa.

A OTS decretou xa alerta por seca na demarcación hidrográfica Miño-Sil, que non só abarca Lugo e Ourense senón tamén a provincia de León, na que haberá, neste última, medidas restritivas no consumo de auga doce. A situación de alerta débese aos baixos niveis dos caudais dos ríos, que presentan valores por baixo do 50%, o que as afasta da situación de normalidade en comparación con anos anteriores. Ademais, a oficina acordou este luns recomendar a declaración da alerta por seca en seis zonas da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, que fará efectiva Augas de Galicia a partir do próximo venres, cando se reúna o Consello Reitor de Augas de Galicia.

Os seis sistemas afectados son os que afectan os ríos Verdugo, Lagares e Baíña; ríos de Oia e O Rosal, que verten á costa atlántica; río Castro; río Xallas e Cee; río Mero e outros que desembocan na ría da Coruña; así como os ríos Mendo e Mandeo e os que desembocan á ría de Betanzos. En rolda de prensa, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, informou de que estas seis zonas son “as que levan máis meses afastadas da normalidade” e “presentan un déficit de caudal todas elas por baixo do 50%”.

O director de Augas de Galicia reiterou que o abastecemento á poboación está garantido, aínda que “seguimos apelando, agora máis que nunca, a facer un uso comedido dos recursos”. A colaboración de todos é imprescindible para facer fronte a esta situación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com