A Deputación acondiciona estradas nos Concellos da Montaña pola neve e o xeo

O Goberno da Deputación mantén despregados, no día de hoxe, un dispositivo de 24 operarios e 12 máquinas para acondicionar as estradas da provincia por por do temporal de neve e xeo. Deste xeito, o dispositivo invernal está a traballar a pleno rendemento en 6 Concello da Montaña lucense. Para facer fronte a esta situación, estanse a empregar fundentes para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e garantir así a seguridade dos usuarios das vías.

O Executivo Provincial reforzou o dispositivo co fin de acondicionar as estradas dos seguintes 6 municipio nas que se transita con dificultade polas fortes xeadas acontecidas e por acumulación de 10 centímetros de neve a 700 metros de altitude.

horas a situación en ditas vías provinciais estará solucionada e aberta ao tránsito de vehículos. Cómpre resaltar que o Executivo Provincial ofrece asistencia viaria municipal a todos os Concellos da provincia que o soliciten. Faino de xeito totalmente gratuíto. Trátase dunha prestación que non ofrecen o resto de administracións, que é moi necesaria  para as entidades locais, debido á súa falta de medios.

O Goberno da Deputación manterá o dispositivo activo durante todo o fin de semana para facer fronte ás posibles incidencias que poidan acontecer, pois se prevén temperaturas moi baixas e fortes choivas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo