A Deputación celebrará un encontro cos Concellos centrado na transparencia

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo, presentou esta mañá na Deputación, o VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, que versará sobre a transparencia e acceso a información no ámbito local. Esta xornada celebrarase o día 19 de outubro no Salón de actos do Pazo de San Marcos.

Fernández Queipo avanzou que o programa desta edición está centrado na importancia da transparencia e o acceso á información pública nas entidades locais e farano atendendo ás demandas dos municipios para dar respostas a moitas dúbidas existentes nas entidades locais. Dende o Goberno da Deputación entenden, en palabras de Fernández Queipo, que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os piares de calquera acción política.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo