A Deputación colabora con Special Olympics nos XX Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto co Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou este sábado na clausura dos XX Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca, organizados por Special Olympics Galicia, coa colaboración do Goberno da Deputación e de FADEMGA, e promovidos pola Asociación PRODEME, de Monforte de Lemos. 

Special Olympics é unha organización internacional sen ánimo de lucro, fundada a finais dos anos sesenta, para promover a integración social das persoas con diversidade funcional intelectual a través do Deporte. O Goberno da Deputación colabora coas actividades de Special Olympics Galicia cunha achega de 8.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com