Deputación e Concello impulsan o Festival Galego de Cultura Xorda

A Deputada de Promoción Económica e Social, Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, xunto ao Presidente da Asociación de Personas Sordas de Lugo, Brais Vila; e a Presidenta da Federación da Asociación de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, inauguraron este sábado no Auditorio Municipal Gustavo Freire o Festival Galego de Cultura Xorda. Trátase dunha iniciativa que dende hai 5 anos promove a FAXPG e que, por 1ª vez, acolleu a capital lucense grazas á colaboración que Deputación e Concello de Lugo prestan a ASORLU. Asistiron máis de 300 persoas de toda a comunidade e participaron artistas das distintas asociacións galegas de dita Federación. O festival contou con exposicións de pintura, teatro, certames de poesía, curtametraxes, monólogos e charlas. O seu obxectivo é recoñecer e pór en valor o traballo que realizan as persoas xordas no eido cultural, amosando que non hai barreiras.

Literatura no Pazo de San Marcos

Por outra banda, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias; o vogal de Literatura de tradición oral de dita asociación, Antonio Reigosa; e o Coordinador da xornada, Isidro Novo, inauguraron este sábado, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a X Xornada de Literatura de Tradición Oral, Palabras con memoria. Trátase da cita cultural, que contou coa participación de reputados expertos na materia, na que se fixo fincapé nas palabras con memoria, sobre todo no eido da toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía. Con esta xornada, o que se busca é recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción, do idioma galego; así como aquelas palabras e expresións que non recollen os dicionarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com