Deputación e Concello ofrecen en Burela un centro de atención a veciños con Alzheimer

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Servizos Sociais de Burela, Patricia Otero Rodríguez, mantiveron un encontro con representantes da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer e Outras Enfermidades Neurodexenerativas (AFAN) para coñecer o resultado e grao de satisfacción das colaboracións que Gobernos Provincial e Municipal manteñen con este colectivo. Estas permiten contar cunhas instalacións públicas nas que ofrecer atención profesional de luns a venres a unha decena de veciños da Mariña con dita enfermidade.

Ditas instalacións son municipais e o Concello tenas cedidas gratuitamente a AFAN Burela para situar nas mesmas a chamada Unidade de Respiro Familiar. As colaboracións de Deputación e Concello tamén son económicas, superando os 5.000 euros. Estas permiten a contratación de dous profesionais para a atención dos usuarios e o desenvolvemento de actividades de estimulación cognitiva e física.

Todo isto fai posible que 10 veciños de Burela, O Valadouro e Foz acudan de luns a venres á Unidade de Respiro Familiar de AFAN onde reciben atención profesional e realizan exercicios de memoria, como aprendizaxe de regras mnemotécnicas, exercicios de atención visuais e auditivos, como sudokus ou labirintos; actividades de cálculo mental; orientación espacial e temporal; de linguaxe, con xogos de palabras e exercicios de narración, entre outras
actividades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com