A Deputación contribúe con 25.000 euros ao comercio da provincia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, asinaron este martes un convenio de colaboración mediante o cal o Goberno Provincial achega 25.000 euros a esta entidade para reforzar as actuacións en impulso dos máis de 5.500 comercios da provincia.

Campos Conde explicou que “con este investimento, contribuímos ao impulso do comercio, un sector que dá emprego a 12.500 lucenses, representando máis do 16% dos postos de traballo e o 13% do PIB da nosa provincia”. Seijas López amosou a súa “satisfacción” por esta colaboración, “recoñeceu a sensibilidade” do Goberno da Deputación co sector e apuntou que estes fondos permitirán potenciar a Oficina Técnica de Información e Asesoramento da Federación, que ofrece información e formación aos comerciantes da provincia. Tamén se destinan á posta en marcha de campaña de sensibilización e visibilización do comercio local.

“Queremos potenciar o comercio de proximidade, amable e de calidade; co que contamos nas nosas localidades, sendo un sector estratéxico para a economía dos Concello e, en xeral, da provincia”, subliñou o Presidente da Deputación. O Presidente da Federación engadiu que “onde non hai comercio non hai vida”.

O titular provincial puxo en valor o labor que dende hai 30 anos leva a cabo a Federación Galega de Comercio na provincia de Lugo e apuntou que “sempre teredes as portas abertas desta institución para xuntos seguir medrando e acadar novas metas”. Neste sento, Seijas López adiantou que o comercio da provincia de Lugo é o que máis está a medra de toda Galicia, por diante da media de España”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com