A Deputación creará un Consello Provincial de Turismo para impulsar o sector

A Deputación Provincial de Lugo pretende crear un Consello Provincial de Turismo para traballar conxuntamente no impulso do sector. Así o informou hoxe o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, na presentación do Informe sobre o Turismo na Provincia de Lugo, na que estuvo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a alcaldesa de Sarria, Polar López Yáñez, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

O Eixo Atlántico foi quen publicou este informe no que, según Vázquez Mao, se explican as fortalezas e debilidades deste sector “que vai gañando forza pero aínda se queda pequeno”. Para Vázquez Mao, o turismo pódese presentar nuns anos como “o gran avance económico da Provincia”, pero para isto, é importante, explicaba o Secretario do Eixo Atlántico, que os próximos anos este traballo esté apoiado polos diferentes concellos da provincia.

Vázquez Mao resaltou as cinco grandes locomotoras turísticas de Lugo como son “A Mariña, especialmente cas Catedrais; a Ribeira Sacra, non só polo viño, se non tamén porque en Europa xa se fala desta zona e é candidata a Patrimonio da Humanidade; tamén está o Courel e os Ancares, que atraen turismo de montaña, e son o terceiro gran destino de turismo de natureza en España; non nos podemos esquecer de Lugo, co todo o pasado romano, a Muralla e as termas; e, por último o Camiño de Santiago, que é o primeiro Itinerario Cultural Europeo”.

“Hai que buscar medidas de márketing que fagan da provincia unha zona de turismo”, pedía Vázquez Mao quen quixo dar a coñecer tamén as debilidades coas que conta o sector na provincia para frenar este crecemento, “o principal problema é que Lugo non ten autoestima turística, é como un neno que é guapo, pero non ten autoestima, non sabe as posibilidades que realmente ten”.

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico estableceu tamén os cinco problemas máis graves que ten a provincia para o turismo, como son, a búsqueda dunha estratexia que garanta un turismo sostible e de calidade, “non queremos que pase o de Barcelona ou Porto que o comercio de elementos turísticos eliminou o comercio tradicional”; a falta de infraestruturas e o illamento dalgunhas zonas “para o que terían que mellorar as estradas”; unha mala estratexia de comunicación e información; a mala accesibilidade á Provincia “Só hai unha autoestrada, e se por carretera é malo, a comunicación aeroportuaría é peor”, e a falta de productos tradicionales que sexan un referente tanto da provincial como da cidade de Lugo, “esto sería unha aposta do sector privado, unha inversión”.

Nesta liña, Vázquez Mao, quixo facer tamén un chamamento ao sector privado para que se implique tanto comunicando e sensibilizando ao público como formando aos traballadores para a súa adaptación ao mercado internacional e ás novas tipoloxías de turistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com