A Deputación leva 5 millóns para servizos públicos a 7 Concellos da provincia

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou esta mañá que o Executivo Provincial levou no último ano 5 millóns de euros para a mellora do conxunto dos servizos públicos aos veciños de 7 Concellos. Trátanse dos municipios de Guntín, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, Ribeira de Piquín, Carballedo, Taboada e Rádade, que esta semana visitou o Presidente, Darío Campos Conde, para, precisamente, informar e supervisar as actuacións realizadas para dito fin.

Santos Ramos detallou que, destes 5 millóns de euros, o Goberno Provincial destinou o 70%, é dicir, uns 3,5 millóns, ao impulso de infraestruturas e dotacións públicas; e puxo de exemplo, “300.000 euros son para o inicio dunha residencia con 30 prazas na Pobra do Brollón; 275.000 para un centro de día con 20 prazas en Ribeira de Piquín; 230.000 para dotar de herba artificial e dun novo sistema de rego ao campo de fútbol dos Chacotes de Palas de Rei ou 99.000 para tamén dotar de herba artificial ao campo de fútbol de Carballedo”. Estes fondos tamén se destinaron á mellora de ducias de accesos viarios no rural; alumeados públicos; traídas de auga; redes de saneamento ou acondicionamentos de instalacións deportivas e culturais.

“Destinamos 1 millón de euros, que representan o 20% destes fondos de 5 millóns, a xeración de máis de 80 novos postos de traballo, a través do Ben Empregado e do DepuEmprego”, explicou Santos Ramos. Os 500.000 euros restantes, segundo anunciou o ente provincial, foron para prestar atención profesional a máis de 400 maiores, co Servizo a Domicilio a persoas non dependentes e a Teleasistencia gratuíta.

Asemade, Santos Ramos informou que o Goberno da Deputación aprobou este venres na Xunta de Goberno máis melloras en infraestruturas públicas da provincia e novos postos de traballo, co Ben Empregado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com