A Deputación ofrece a maiores 51 obradoiros gratuítos sobre novas tecnoloxías

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Concelleira de Benestar Social de Lugo, Ana González Abelleira, presentou hoxe as actividades do In Lugo para o primeiro trimestre do 2018, que inclúe 51 cursos e obradoiros sobre novas tecnoloxía cun total de 731 prazas, dirixidas todas elas a maiores da provincia. Campos Conde deu conta da nova programación do que é o 1º centro de innovación social de Galicia nas instalacións do mesmo, na capital luguesa, nun encontro cos ducias de usuarios.

“A Deputación, a través da TIC, renova o seu compromiso cunha actividade que vai moito máis alá da formación. O fomento do uso das novas tecnoloxías entre os maiores da provincia desempeña un importante labor social do que me sinto especialmente satisfeito. Ademais, vese reflectido na alta demanda, xa que as diversas actividades organizadas en 2017 superaron os 2.500 usuarios”, explicou Campos Conde.

O Presidente subliñou a utilidade das novas tecnoloxías e apuntou que “nos axúuan no noso día a día e permiten que esteamos en contacto cos nosos seres queridos e coa sociedade en xeral, algo especialmente importante cando nos imos facendo maiores, porque promoven un envellecemento activo e favorecen a nosa autonomía”.

Campos dixo aos usuarios que asistiron ao acto que “sodes a mellor proba de que aprender non ten idade, e todo un exemplo para aquelas persoas que cren que son demasiado maiores para introducirse neste mundo. Por iso anímoas a que venzan eses medos e comproben por elas mesmas que o uso de Internet ou dos móbiles é moito máis doado do que parece”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com