Detido o autor dun homicidio ocorrido en Lugo hai 13 anos

A Garda Civil, na operación policial denominada Lumon desenvolvida na provincia de Pontevedra, procedeu á detención na localidade de Vigo dunha persoa de 40 anos de nacionalidade española que se atopaba fuxida da xustiza desde o ano 2014 e que fora condenado como autor dun delito de homicidio, tenza ilícita de armas e rifa tumultuaria a unha pena de 16 anos de cárcere.

Os feitos ocorreron fai trece anos nunha barriada situada nos arrabaldes de Lugo, no Carqueixo, cando  tivo lugar un tiroteo entre varias familias da mesma etnia, saldándose coa morte dun deles de 47 anos por unha ferida de arma de fogo que lle provocou lesións incompatibles coa vida.

O agresor saíu correndo da escena do crime tras darse conta da gravidade dos feitos ocorridos. Tras o homicidio o presunto autor foi detido pola Policía Nacional, sendo condenado a unha pena de 16 anos e ingresando no centro penal da Lama (Pontevedra), da cal aproveitando un permiso non reingresa e dáse á fuga.

Tras estes feitos, a Garda Civil realizou un minucioso recoñecemento e investigación do seu modus vivendi e solicitou información da súa contorna máis próxima para dar finalmente co fuxido. A persoa requisitoriada utilizaba documentación propiedade dunha terceira persoa, cun parecido físico razoable, facendo máis difícil estreitar o cerco policial para a súa detención.

No momento da súa identificación atopábase nunha vivenda en compañía doutra persoa, igualmente detida, que lle constaba unha requisitoria de procura, detención e ingreso en centro penal como autor dun delito contra a seguridade viaria. A operación foi levada a cabo pola Policia Xudicial da Garda Civil de Lugo con apoio do G. R.S. de Pontevedra. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial para o seu posterior ingreso en prisión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com