Dj Frisco & Marcos Peón, entre as mellores cancións do ‘Eivissa Summer 2018’

O novo single dos galegos Dj Frisco & Marcos Peón, Ain´ t that a Shame, foi elixido polo selo discográfico de música electrónica máis importante do mundo Spinnin’ Records no seu playlist de mellores cancións Eivissa Summer 2018“, onde se selecionan 120 cancións que representan os mellores sons ibicencos e que inclúe a artistas internacionais como Oliver Heldens, Tiësto, Bon Sinclar, Don Diaño, Eddie Thoneick ou Martin Solveig; e onde só aparecen tres artistas españois xunto a Frisco e Marcos.
O novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón, que saíu á venda o pasado 22 de Xuño, é editado por EGO, un dos selos discógraficos máis importantes de Europa onde publican os seus éxitos artistas internacionais como Willy William (autor do hit Mi gente ), Dj´ s From Mars, Alexandra Stan ou as coñecidas rusas Serebro entre outros grandes produtores musicais. Frisco e Marcos son os primeiros produtores galegos que editan con esta importante discográfica e fano cun single cheo de frescura e enfocado ao verán , onde apostan por un novo estilo para eles con sons auténticos de música de club; un sinxelo elegante, cheo de enerxía que fará bailar ao público dos clubs máis selectos.
Frisco e Peón comparten a súa faceta de produtores musicais coa súa carreira como deejays, na que levan 20 anos percorrendo as principais cabinas do noso país e levaron a súa música a países como México, Colombia, Suíza, Alemaña, Francia, Austria, Marrocos, Rusia ou Indonesia. As próximas citas onde estarán a picar será no Tibor de Meira (Lugo), Festa de Galicia (Lugo) e no macrofestival O Son da Muralla en Salvaterra do Miño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo