Dous operarios resultan feridos en Ourol tras caerlles enriba unha pedra

Dous traballadores do sector da madeira resultaron feridos esta mañá despois de que lles caese enriba unha pedra en Ourol. Os feitos tiveron lugar na estrada de Santa Mariña, na parroquia de Miñotos.

Unha das vítimas precipitouse por un barranco, quedando nunha zona de difícil acceso. Segundo a información facilitada ao 112, o traballador está sendo rescatado nestes intres. O outro operario ferido xa foi evacuado polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 11:30 horas desta mañá para dar conta do accidente laboral.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Viveiro. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo