Edgar Bao e Andrés Penabad amenizarán o San Froilán

O Concello de Lugo continúa a desvelar os concertos que amenizarán as festas do San Froilán 2017, se hai uns días publicabamos os primeiros nomes entre os que se atopan Guadi Galego, Sés, Rosa Cedrón ou os donostiarras Los Secretos, hoxe a edil de Cultura, Turismo Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre anunciou dous nomes máis.

O lucense de 15 anos Edgar Bao, semifinalista no programa La Voz Kids, terá a tarefa de encher a praza Horta do Seminario o día do patrón, o xoves día cinco de outubro. Ese mesmo día, ademáis da música Rosa Cedrón, amenizará a praza de Santa María o acordeonista solista Andrés Penabad.

O día 4, será o turno dos pontevedreses da orquestra Metamovida, consecuencia da reunión de distintos grupos da escena alternativa, Unicornibot, Why Go, Cró! e Buogh! e que chega a Lugo con gañas de facer algo diferente no
panorama musical galego. Esta agrupación actúa baixo o concepto da improvisación conducida.

O último nome que soa para o San Froilán é o do grupo de folk-rock Mitic, quince músicos que tocarán o día nove tamén na praza de Santa María e que farán versións dos grandes éxitos do rock, cun elemento diferenciador: a gaita galega será o centro do espectáculo.

A música de banda tamén soará nestes festexos, declarados de Interese Turístico Galego e Nacional. As encargadas de poñerlle esta banda sonora ao San Froilán serán a Banda de Música Artística de Merza, que fundada no ano 1828 é a agrupación popular máis antiga de Galicia, a Banda de Chantada, con máis de 150 anos de traxectoria, e, como non podeía ser doutro xeito, a Filarmónica de Lugo. Actuarán o domingo 8, a partir das 17:00 horas, na Praza de Santa María.

O San Froilán arrincará da man do xénero electrónico. O día 4, a partir das 23:00 horas, a Praza de Santa María congregará aos coñecidos Dj`s Galician Army, Manu Chady, dr. Think e Frisco&Marcos Peón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com