Elena Candia explica que grazas as aportacións do PP, concellos nos que non gobernan recibiran 10 millóns da Deputación

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, explicou este venres aos voceiros dos concellos nos que non goberna esta formación política que, tanto polas xestións realizadas por este Grupo e as negociacións previas ao Pleno de aprobación do Orzamento de 2017, como pola abstención no momento da votación, estas entidades locais precibirán un total de 9.955.566 euros dentro do Plan Único da Deputación. Son, concretamente, os municipios de Alfoz, Becerreá, Burela, Castroverde, Cervantes, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Sarria, Trabada, O Valadouro, Viveiro e Xermade.

“Creo que o Goberno provincial tivo altura de miras ao escoitar os plantexamentos que lle fixemos nas distintas reunións que tivemos. Así, grazas á nosa aportación, estamos a conseguir que a Deputación dé un xiro importante para converterse nunha institución útil e de apoio ao municipalismo, pois este, malia que non foi así nos últimos anos co bipartito, debe ser o fin último desta administración”. A este respecto, engadiu, “sentamos as bases para que os socialistas abandonen esa política de favorecer só aos que me interesa, pola de gobernar dun xeito máis equilibrado e equitativo”.

Deste xeito, a postura do Partido Popular foi claramente determinante para que a institución provincial dispoña de presuposto, pois só coa abstención do BNG, o visto e prace xamais sería posible. “Creo que quedou meridianamente claro, e estou convencida de que así o interpretaron os veciños desta provincia, que o PP sempre tivo vontade política de facilitar a súa aprobación. Fomos responsables e coherentes, chegando incluso a acordos con outros grupos porque o único que defendemos e defenderemos son os interesantes dos lucenses”, concluiu.

 Distribución por concellos

O reparto destes fondos establécese nun mínimo fixo de 150.000 euros para todos os municipios e un importe variable en función dos criterios de superficie, que representa o 20%; as entidades de poboación, o 25%; a poboación, o 40%; e o avellentamento, o 15% restante. Segundo esta ponderación, os preto de 10 millóns indicados, irán destinados a obras que beneficien aos 221.797 veciños, pertencentes ao 4.546 núcleos que conforman estes concellos, e que ocupan unha extensión de 4.728,9 metros cadrados.

Coa afiliación de A Probra do Brollón

Logo desta reunión, a presidenta do Partido Popular, acompañada do secretario Xeral, Carlos Armesto; das deputadas autonómicas, Julia Rodríguez e Raquel Arias; e do senador por Lugo, Dámaso López; desprazouse ata A Pobra do Brollón, onde mantivo un encontro de confraternización con afiliados e simpatizantes da localidade. Este celebrouse en Labrada e enmárcase dentro do programa de xuntanzas que a presidenta vén mantendo con distintas agrupacións da provincia, co fin de escoitar as súas demandas e de dar unha resposta ás peticións da militancia.

No transcurso do mesmo, e dado que este municipio lidera a listaxe de concellos máis avellentados da provincia, Elena Candia aproveitou a ocasión para trasladarlles a importancia de que as administracións activen liñas de actuación para atallar as que son unhas das principais lacras desta provincia, a dispersión xeográfica e o avellentamento da poboación.

Como exemplo disto, citou, novamente, o Plan Único aprobado grazas á postura da Oposición, e no que a lonxevidade representa o 15% das achegas que van recibir os concellos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com